lunes, 24 de octubre de 2011

VIGO 11

Hassan Lekhili (Ourense Atl.Academia Postal) continúa sendo invatible nas cidades galegas, esta vez acompañado no podio femenino por Solange Andreia, (EAMJ Fuerte ventura) outra atleta habitual nos podios destas últimas e populosas carreiras por as grandes cidades galegas; noraboa a ambos e a chea de grandes e admirados atletas que poidemos ver.
Unha carreira moi animada cunha participación increiblemente numerosa, o que demostra que hai moita xente aficionada e amante deste deporte e que somos un colectivo a ter en conta.
Da S.A. Val Miñor houbo unha importante participación en categoría veterán, Martín Valverde tal e como aparece na foto de saída mantivose moi arriba en toda a carreira cun tempo envidiable de 29:29 rodando a 3:44, Suso, Guillermo, Carlos,Toño, Patri, Luis... todos eles moi satisfeitos da carreira que aunque a consideraron durilla en certos tramos pensan repetila nas seguintes edicións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario