jueves, 20 de octubre de 2011

Carreira popular de Bembrive

O 12 de outubro tivo lugar a carreira da amizade que se celebrou no entorno de Bembrive, cun circuito especialmente duro tanto para as categorías menores coma no resto.

O circuito da popular, que houbo que tomarse con calma senon queremos ir moi perxudicados, cun perfil con subida considerable no inicio que se mantén case que ata o km 6 e con unha importante pendente no tramo final da carreira.

Na primeira carreira da mañá proclamábase vencedor Carlos Torres, na categoría cadete Brais Gómez entraba de 2º acompañado dun grupo de perxudicados atletas que encabezando a carreira, foron desviados do circuito por un erro da organización que lamentablemente foi unha constante o longo de toda a mañá.

O podio feminino da absoluta foi para o Val Miñor;Eva Cid foi gañadora da carreira absoluta feminina a distancia a segunda corredora en entrar foi Carmen Costas 2º, Rosa Guede 3º e Patricia Masó 4º, Paula Fdez 3º subía ó podio en categoría M35.

No hay comentarios:

Publicar un comentario