A esmerada organización acompañada do bo tempo permitiron disfrutar tanto ós animadores coma ós atletas desta mañá de domingo.
Cunha participación moi alta de atletas do clube iniciaba a primeira das carreiras, a absoluta, cos equipos case que ó completo; con resultados satisfactorios para a maioría e mesmo mellor do esperado para algúns; o máis rápido do club foi Martín Valverde cun tempo de 35:45 e en mulleres foi Lola Martínez en 42:42.
A continuación iniciaban a proba os escolares, abarcando dende a categoría benxamín ata xuvenil, nesta tamén hobo gran presenza de participantes do Val Miñor, que con moi bo traballo conseguiron estar en postos destacados da carreira.
O primeiro atleta do club en pasar por meta foi Yeray Gómez, e a primeira atleta foi Sandra Rodríguez.
Podios
Categoría Infantil masculino:1º Lorenzo González
Categoría cadete masculino: 2º Yeray Gómez e 3º Brais Gómez
Categoría Xuvenil feminino: 1º Sandra Freiria, 2º Eva CidCategoría cadete masculino: 2º Yeray Gómez e 3º Brais Gómez
Categoría Alevín masculino: 2º Leonardo Giovani
RESULTADOS
NORABOA A TODOS E TODAS
No hay comentarios:
Publicar un comentario