
Comenzamos o fin de semana co campionato galego benxamín e alevín de pista con zekarias que co 2º posto no 500 xa se está consolidando entre os habituais do podio, tamén boa actuación de Anxo Mariño que correu o 500 quedando de 4º e Alexandra Figueroa 5º con boa marca no 1000m.
A moitos kilómetros, en Granollers, estabán dúas representantes do club Yenny Fernández e Eva Cid no campionato de España para correr a esixente proba de 1500m, gran actuación destas dúas atletas que despois de quedar Yenny terceira e Eva quinta nas súas semifinais acadaron na final un 4º posto de Yenny Fernández con mellora de marca persoal ata deixala en 4:48 apostando moi forte na carreira por facerse cunha medalla, que desta vez non poido ser pero de seguro non tardará, e de Eva Cid que conseguiu o pase a final e quedar en 9º posto superando a 13 atletas que viñan a este campionato con mellor marca e mellorando a súa propia marca persoal.
NORABOA A TODOS E TODAS
No hay comentarios:
Publicar un comentario