domingo, 29 de mayo de 2011

XI MEMORIAL MANUEL BARROS


Gran exito de participación no XI Memorial Manuel Barros que logrou reunir a cerca de 700 atletas de tódalas categorías con gran afluencia de público que quixo acompañar ós corredores da casa e disfrutar coa presenza de atletas de primeira fila como Hassan Lekhili,Rui Teixeira Pedro Nimo, Patricia Mendes, Marta Fernández entre outros grandes que brillaron como eles saben facelo sendo unha referencia a seguir para moitos atletas.
Na carreira absoluta os corredores tiveron que completar unha distancia de 10 Km e superar o porto de 1ª categoría, a elevada temperatura que case que sempre nos acompaña nesta carreira que a fai especialmente dura.

O gañador da carreira absoluta en categoría masculina foi para o atleta do Academia Postal Hassan Leikhili cun tempo de 31:18.48 o 2º en chegar foi o independente Rui Teixeira e o terceiro e moi aclamado polo público o gran Pedro Nimo
A vencedora absoluta foi para a atleta do Comesaña Patricia Mendes cun tempo de 37:14, acompañada polas súas compañeiras de equipo Soledad Castro en 2º lugar e Marta Fernández en 3º lugar,! que gran equipo o de estas tres mulleres!.
CLASIFICACIÓNS

Informámoste que esta carreira será emitida no programa da TVG "Altius Fortis" o vindeiro domingo.

Dende o Club de atletismo Val Miñor queremos agradecer a importante colaboración da familia Manuel Barros así como ó Concello de Gondomar, tódalas casas comerciais e persoas.
Esperamos que quedarades satisfeitos e poidamos contar convosco en vindeiras edicións.
!!gracias a todos e todas!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario