lunes, 7 de noviembre de 2011

SAN MARTIÑO 2011


A San Martiño que conta con ser un dos eventos deportivos máis importantes da comunidade, a máis lonxeva e posiblemente a de máis paticipación; acolleu coma sempre con moito cariño a milleiros de atletas aclamados por multitude de público.
A esmerada organización acompañada do bo tempo permitiron disfrutar tanto ós animadores coma ós atletas desta mañá de domingo.
Cunha participación moi alta de atletas do clube iniciaba a primeira das carreiras, a absoluta, cos equipos case que ó completo; con resultados satisfactorios para a maioría e mesmo mellor do esperado para algúns; o máis rápido do club foi Martín Valverde cun tempo de 35:45 e en mulleres foi Lola Martínez en 42:42.
A continuación iniciaban a proba os escolares, abarcando dende a categoría benxamín ata xuvenil, nesta tamén hobo gran presenza de participantes do Val Miñor, que con moi bo traballo conseguiron estar en postos destacados da carreira.
O primeiro atleta do club en pasar por meta foi Yeray Gómez, e a primeira atleta foi Sandra Rodríguez.
Todo este esforzo foi recompensado coa subida ó podio de varios atletas

Podios
Categoría Infantil masculino:Lorenzo González
Categoría cadete masculino: 2º Yeray Gómez e 3º Brais Gómez
Categoría Xuvenil feminino: 1º Sandra Freiria, 2º Eva Cid
Categoría Alevín masculino: 2º Leonardo Giovani

RESULTADOS
NORABOA A TODOS E TODAS

No hay comentarios:

Publicar un comentario