domingo, 13 de marzo de 2011

CAMPIONATO GALEGO DE CROSS ESCOLAR

Por segunda vez nesta tempada as instalacións do Complexo Deportivo de Monterrei serviron de escenario para a celebración dos Campionatos Galegos de Campo a Través.

Xornada coa que se pon fin a tempada de cross cuns resultados envidiables xa que os tres equipos convocados a este campionato conseguiron subir o podio co primeiro posto infantil masculino e 3º en cadete femenino e 3º cadete masculino.


A destacar a medalla de prata de Yerai Gómez sempre no grupo de cabeza marcando uns ritmos elevados , acompañado dun equipo moi competitivo e forte moi dificil de batir neste momento co 5º posto de Lorenzo Glez. 7º de Fran Rguez. 11º de José Villar,29º de Carlos Torres, e 43º de Denis Mariño.
Tamén destacable a boa carreira de Laura Mendez que se fixo 4º posto, os postos das demáis integrantes do equipo forón: Sandra Rguez. 9º, laura Rguez 16º,Carla Caride 17º, Carla Cabrera 32 e Ana Alonso 48º
O equipo cadete masculino nesta durísima categoría que logrou a moi meritoria medalla de bronce cos seguintes resultados: Lois M. 10º, Andrés G. 18º, Brais G 19º e Manuel C 30º.



No hay comentarios:

Publicar un comentario