lunes, 7 de junio de 2010

CAMPIONATO GALEGO ALEVIN, INFANTIL E XUVENIL

O sábado día 5 de xuño celebróuse nas pistas do CGTD de Pontevedra o campionato galego alevín e infantil de pistas escolar.
O noso club, obtivo 2 medallas de ouro nas categorías Alevín masculino, na proba de 2.000 m.l Jose Villar Corrales, campión coa mellor marca galega 6:57.62 é Lorenzo González Díaz campión en 1.000 m.l con unha marca de 3:09.03.
Na categoría de Alevíns, obtivo o 2º Posto de Subcampión galego, en 2.000 m.l Francisco Rodriguez Freiría, cunha marca de 7.02.56.
Na categoría de infantís, o Subcampión foi Fernándo Martínez González cunha marca de 3:02.38,
Yeray Gómez Villar, acadou no 4º posto da proba de 1.000 m.l cunha marca de 3:06.98,. Pedro Monroy, 6º cunha marca de 3:12.81.
Na proba de 3.000 m.l Brais Gómez Villar, acadou no 4º posto, cunha marca de 11:10.63.
En nenas, foi 4ª na proba de 1.000 m.l Laura Rodriguez Costas, cunnha marca de 3:30.18 e Laura Méndez Costas 6ª, cun tempo de 3:40.51.
Na proba de 500 m.l, Lois Mariño Hermida, acadou no 3º posto, por unha encerrona que lle fixeron os participantes desta proba, a sabendas con quén competian. Ten a suficente clase e velocidade, para voltar aos primeiros postos de 500 m.l. Aínda así fixo un tempo de 1.21.04 millorando a súa marca do provincial 1:21.84.
No campionato xuvenil celebrado en Cangas, as nosas atletas cumpriron dabondo co seu.
Patricia Pereira Martinez proclamouse 1ª e campiona galega na proba de 3.000 m.l, cunha marca de 11.02.65. Victoria Rodriguez Freiría acadou 4ª cun tempo de 11.57.04 e Sara Márquez 5ª, cun crono de 13:50.19.
Na proba de 1.500 m.l, a campiona é Jenny Fernández Massó ó cunha marca de 4:55.3, que lle permite ir ao Campionato de España a celebrar en Nerja os dias 10 e 11 de Xullo. No 5º lugar acadou Rocio Rodriguez Martinez cun tempo de 5.38.0.
O campionato de España de Autonomías, celebrado en Lloret de Mar, tamén deixounos en bó lugar coas atletas que foron coa selección galega. Carla Cabrera Alonso, na proba de 600 m.l e despois na de 4x300 relevos, e Eva Cid Guede na de 3.000 m.l, colaboraron a que Galiza acadara o 9º posto de Autonomias.
Noraboa a tódolos participantes