O sábado 6 de Marzo de 2010, celebrouse no circuito da Praia de Cabío, Concello de A Pobra do Caramiñal, o Campionato Galego Escolar de Campo a Través.
Entre outras personalidades estiveron presentes o Secretario Xeral para o Deporte ó Sr. Dº. Ramón Lete, os xefes provinciais de deportes da Xunta de Galicia, o Director Técnico da FGA Sr. Marcos Seijo, e o Presidente da Delegación de Santiago D. Iván Sanmartín.
A Sociedad atlética Val Miñor acadou como era de esperar uns bos resultados. En Alevíns masculino foi Campión Galego Lorenzo Glez Díaz, e en terceiro posto José Villar Corrales. Por equipos, foron Subcampións Galegos Alevíns. Laura Rdguez Costas foi a única representante infantil feminina, acadando na posición 16. En Infantís nenos o millor clasificado foi Yeray Gómez (posto 6º) e Lois Mariño (posto 9º), Brais Gómez (posto 16) e Pedro Monroy (posto17) deron o título de Campións por equipos a sociedad atlética val Miñor unha vez máis. Na categoría de Cadetes feminino, Eva Cid Guede foi a Campiona da categoría, Mónica Rguez Álvarez 7ª, Carla Caride 8ª é Carla Cabrera, 14ª Laura VArela 27ª, outorgádolle tamén o título de Campionas Galegas por equipos a Sociedad atlética Val Miñor.
!!!!!!!!! NORABOA A TODOLOS ATLETAS PARTICIPANTES !!!!!!!